Mostrando entradas con la etiqueta Sue Moreno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sue Moreno. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de mayo de 2012

Blanca Cendán volve ao teatro


A EX-DIRECTORA DO CDG PARTICIPA NUNHA PEZA DE MICROTEATRO
Publicado en Culturagalega


Blanca Cendán, a ex-directora do Centro Dramático Galego (CDG), volve a partir de hoxe ás táboas do teatro, participando na obra de micro-teatro Gótica, unha comedia que se representa na sala coruñesa La Tuerka 27. A obra ten texto de Jacobo Paz e está dirixida por Estíbaliz Veiga, e nela participan como actores Milo Taboada, José Leis, Isabel Risco, Blanca Cendán e Sue Moreno.

miércoles, 2 de mayo de 2012

"Gótica"


Título: 
Gótica

Texto:
Jacobo Paz

Dirección: 
Estíbaliz Veiga

Intérpretes: 
Blanca Cendán / Isabel Risco
Sue Moreno

Argumento:
Ten coidado co que desexas...

Xénero:
Humor negro.

Sala:
LaTuerka 27 (Rúa Doutor Fleming, 27 - A Coruña)

Funcións:
mércores 2 de maio
xoves 3 de maio
venres 4 de maio

mércores 9 de maio
xoves 10 de maio 
venres 11 de maio

mércores 16 de maio
xoves 17 de maio
venres 18 de maio

Horario: 
20:30 - 20:55 - 21:20

Entrada:
3 €

jueves, 19 de abril de 2012

4 metros cadrados para unha historia



Microteatro. Salas de catro metros cadrados. E un actor que está literalmente pegado ao seu público. Ese é o modelo que ofrece a nova sala coruñesa La Tuerka 27, facendo converxer o teatro cos hábitos e prácticas culturais do consumidor de cine. As crises obrigan pero detrás do proxecto hai tamén unha nova visión. “O teatro perdeu a súa relación co público, agora cómpre reinventarse”, asegura unha das socias do proxecto, Iria Ares.


Segundo a directora e socia de La Tuerka 27, Iria Ares, La Tuerka 27 é “unha sala de microarte na que ofrecemos espectáculos en vivo de pequeno e mediano formato, con obras teatratis de entre 10 e 15 minutos en salas de 4 ou 5 metros cadrados”. Durante este mes de abril, La Tuerka ofrecerá tres obras neste formato e as necesidades convértense en virtudes. “O espazo que normalmente separa actor de público desaparece”, di Ares, “o público está presente na escenografía da obra e pasa a ser un elemento máis. Mesmo podes ter o actor a un centímetro”. 


Os primeiros días de estrea do microteatro encheron as salas. Cada obra dura entre 10 e 15 minutos e funciona de xeito moi similar aos multicines. Como espectador, podes mercar o billete para ver unha obra (3 euros) ou para ver varias obras. As obras represéntanse tres veces nas horas de función a hora distintas, así que en teoría podes ver as tres seguidas se pagas as entradas. 

Os asistentes aos espectáculos poden escoller entre Boas de máis, interpretada por Estíbaliz Veiga e Jose Losada, e dirixida por Jose Leis, Cotilla, interpretada por Fernando Morán e Isabel Risco coa dirección de Estíbaliz Veiga e Macareno, interpretada por Daniel Currás e dirixida por Iria Ares. “É unha maneira de consumo moi parecida ás outras e moi actual”, explica Ares. 

A busca dun espazo
Os promotores de La Tuerka 27 veñen do mundo audiovisual, onde produciron La increíble historia de Macarena y la Puta Milagrosa, nominada este ano aos Premios Mestre Mateo. Cada La Tuerka Films, a súa produtora, os tres socios, Daniel Currás, Milo Taboada e Iria Ares decidiron crear unha academia de interpretación teatral chamada La Tuerka Studio. Finalmente decidíronse a cerrar o círclo, debido a que as obras “que faciamos nós non atopamos sitio para exhibilas”, explica Ares. E velaí crearon o seu propio espazo.

“Para min é un luxo porque é un espazo no que volves á orixe da interpretación e da narración”, asegura Iria Ares, “Os que nos dedicamos á creación o que facemos é “manipular ao público” para facerlles sentir unhas emocións. O reto de facelo nesa curta distancia é maravilloso. É como cando te fan maxia diante do nariz e non ves o truco”. 

O reto para La Tuerka 27 é agora estender o modelo por Galicia e que outras salas adopten o mesmo modelo, para poder realizar xiras e amortizar mellor as producións.

miércoles, 11 de abril de 2012

"Cotilla"







Título: 

Cotilla

Texto: 

Jacobo Paz

Dirección: 

Estíbaliz Veiga
Jose Leis

Intérpretes: 

Fernando Morán
Isabel Risco / Sue Moreno

Argumento:
É mellor que non saibas o que opinan de ti.

Xénero:
Humor negro.

Sala:
LaTuerka 27 (Rúa Doutor Fleming, 27 - A Coruña)



Funcións:
Todos os mércores, xoves e venres do mes de abril, a partir do día 11.

Horario:
20:30 - 20:55 - 21:20

Entrada:
3 €



Isabel Risco




Sue Moreno & Fernando Morán

[Prensa] Talento y arte en 15 minutos



Publicado en Coruña en directo
María Nieto Díaz - A Coruña - 10/04/2012


Menos es más. Un lema magnífico que vale para (casi) todo en la vida: para la elegancia en el vestir, para el estilo decorativo, para un buen discurso... Y ahora también para una buena representación teatral.


La Tuerka 27 inaugura este miércoles 11 de abril sus sesiones de Microteatro, un nuevo género dentro de género, con obras creadas expresamente para él: piezas cortas, de no más de 15 minutos, en las que un máximo de 3 actores desenvuelven la trama en un espacio reducido que comparten con el público (no más de 15 personas), diluyendo por completo la cuarta pared.


El formato lleva unos años triunfando en centroeuropa, y aterriza en A Coruña de la mano de Leda Producciones, que pondrá en marcha tres obras: “Boas de Máis”, “Cotilla”, y “Macareno”. Tres piezas que podrán disfrutarse, cerveza en mano y codo a codo con el elenco, por el módico precio de 3 euros cada uno. O, si se prefiere, 9 euros las tres.
La idea: aproximar el teatro a quienes se acercan con él con demasiado respeto, demostrando que contar una buena historia no requiere alardes escénicos, ni dos horas de montaje.
Bajo la dirección de Estíbaliz Veiga y José Leis, en esta ocasión podremos disfrutar de actores tan conocidos como Isabel Risco, Sue Moreno, Fernando Morán, José Losada o Daniel Currás. Pero esta incursión en el Microteatro no será la única que ponga en marcha La Tuerka 27, que planea mantener el ciclo, con tres obras en cada ocasión (repetidas tres veces cada una al día), en ciclos de una, dos, o tres semanas.
Hoy, más que nunca, pasen, vean… toquen, huelan…